top of page

O BARCO DE VALDEORRAS. As imaxes da memoria

UN SÉCULO DE FÚTBOL NO BARCO

FICHA TÉCNICA

​

Ano:                  2013
Duración:        18 min.
Formato:          DVD
País:                  Galicia
Xénero:             Animación fotográfica
Realización:     Anxo Santomil
Música:             

"Floating" de Project Divinity

"Cats Reflexion" de Butterfly Tea

"Memories and Hypnosis" de Butterfly Tea

"Goodbye Illusion World" de Lzn02

"Fin du Voyage" de Lzn02

"Gathering Dusk" de Project Divinity

"Requiem Aeternam" de Piotr Pawlowski

 

BASEADO DOCUMENTALMENTE NAS PUBLICACIÓNS DE  GUSTAVO DOCAMPO PARADELO EDITADAS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS:

"Cen anos de O Barco nas fotos" 

"O Barco 1885-1969, memoria fotográfica" 

"A vella ponte de San Fernando no 50 aniversario da súa caída" 

"Blanco Pascual, no Barco dos anos trinta"

"Desde o balcón, Isabel Crespo Pintor" 

"Ismael Núñez, un aire de mudanza" 

"Grandes momentos do baloncesto no Barco, 1949-1989"

 

-Premio ao Mellor Documental no FAFE FILM FEST 2013

 

Sinopse 

Unha viaxe fotográfica pola historia do Barco de Valdeorras a través da técnica de conversión do formato 2D ao 3D, con referencias á vida social, á evolución urbana, co fío condutor de referencia histórica: a ponte de San Fernando e o seu derrubamento no inverno do 1959, un acontecemento que quedou marcado na memoria colectiva. 

 

Unha forma de contar a historia reconstruíndo visualmente unha época cun exercicio estimulante do ollar. 

 

A documentación fotográfica está baseada na serie de publicacións realizadas por Gustavo Docampo e publicadas pola concello do Barco que, a modo de retrospectiva, utilizando esta particular técnica da conversión lle confiren unha sensación do realismo e movemento. Un retrato da memoria e a súa evolución no século pasado que unha cámara virtual que se move a través do mesmo espazo de cada unha das fotografías en 2D segmentadas crea a ilusión do 3D. Intrincado e rico linguaxe visual onde se mestura a animación, a cinematografía e o deseño gráfico.

FICHA TÉCNICA

​

Ano:                  2014
Duración:        13 min.
Formato:          DVD
País:                  Galicia
Xénero:             Animación fotográfica
Realización:     Anxo Santomil
Música:             

"Fleur de Lune" de Lzn02

"Lys-Lorele" de Jaddams

"The Orchestral Point of No Return"

de Roger Subirana

​

Sinopse

A historia dun século de fútbol no Barco de Valdeorras a través da animación fotográfica no formato 3D.

 

   Neste ano 2013 o equipo de referencia pra os/as afeccionados/as ao fútbol na cabeceira de Valdeorras, o Centro de Deportes Barco, vén de celebrar o cuadraxésimo aniversario da súa fundación. Porén, o chamado “deporte rei” tiña xa nesa altura (1973) unha longa e interesante historia que nos leva a remontar varias décadas na liña do tempo, até os primeiros anos do século XX, cando o football arriba á comarca e prende con forza entre a mocidade que o practica e mais un público de toda condición que o segue e impulsa. A mostra “Un século de fútbol no Barco” ofrécelle ao espectador un percorrido pola memoria gráfica local coas imaxes dos pioneiros deste deporte hoxe de masas, dende a formación dos primeiros clubs -que de non mudaren de nome arestora serían centenarios- até os nosos días. Asistimos ás primeiras competicións e torneos locais, coincidindo case sempre polas festas, ou á devolución da visita a equipos das localidades veciñas. Hai na recompilación un espazo tamén pra o achegamento ás individualidades, ás “figuras” do momento que causaban sensación entre a apaixonada torcida local, mesmo con algúns nomes que transcenderon os lindeiros da comarca e chegaron a acadar sona e fortuna en prestixiosos clubs profesionais da Primeira e da Segunda División. Reviviremos cos seareiros/as as datas sinaladas e os fitos históricos (que os houbo: finais, títulos, ascensos de categoría, partidos amigábeis con grandes equipos…) e levaremos como mellor poidamos as pequenas frustracións ou as etapas escuras en que parecía que todo ía esborrallar. Neste rastrexar polo álbum das nosas lembranzas futbolísticas atopamos tamén a pegada de recoñecidos nomes da fotografía local, como o Rufino, o Pancho ou o Ismael, que nos achegaron a través da cámara a súa particular visión deste deporte e fenómeno social. Velaquí, pois, unha centuria sintetizada nesta escolma de fotografías de afoutos e suorentos rapaces, de soños de nenos e dos que xa non o son tanto, de paixón compartida por unhas cores, tras do valo ou na bancada. Outra vez, o balón está no centro. E vai botar a rodar…

 

Xabier Roo Abril

Comisario da exposición "Un século de fútbol no Barco"

O BARCO DE VALDEORRAS 1977_1985

FICHA TÉCNICA

Ano:                  2017
Duración:        7 min.
Formato:          DVD
País:                  Galicia
Xénero:             Animación fotográfica
Realización:     Anxo Santomil

​

Sinopse

O Barco de Valdeorras dos anos 1977 a 1985 a través da animación fotográfica no formato 3D.

​

bottom of page