top of page

Novas recentes​

1º Premio ao Mellor Documental no FAFE FILM FEST 2013

 Novembro 2013

 

O documental "O BARCO DE VALDEORRAS, imaxes da memoria" recibíu o 1º Premio ao Mellor Documental no FAFE FILM FEST 2013 (Portugal)
O xurado oficial do FAFE FILM FEST 2013 atribuíu o 1º premio ao Mellor Documental a “O Barco de Valdeorras, as imaxes da memoria”, de Anxo Santomil, "pola orixinalidade da técnica demonstrada, conseguindo contar unha história através de imaxes de un pasado que gaña vida, tornándose presente a través da profundidade de campo".

O FAFE FILM FEST 2013 ten como obxectivo incentivar a produción e divulgación de curtas-metraxes, a nivel local, nacional e internacional sobre Patrimonio Material e Inmaterial, temática das Jornadas de Cinema e Audiovisuais de Fafe que se veñen celebrando anualmente nesta localidade portuguesa.

Presentación de "O Barco de Valdeorras, as imaxes da memoria" no Barco.

Decembro 2013

O vindeiro xoves día 19 de decembro, ás 21,15 horas, no Teatro Lauro Olmo, terá lugar a presentación do documental "O Barco de Valdeorras, as imaxes da memoria". 

bottom of page