ANXOSANTOMIL
Ink drawings
O TEMPLO DA VERACRUZ de Antonio Palacios
Antonio Palacios deixou unha fonda pegada na arquitectura española da 1ª metade do século XX. A súa prolífica produción definiu a faciana do Madrid moderno e cosmopolita e legounos en Galicia algúns dos seus edificios mais interesantes. O talento do porriñés acada o seu cume creativo no templo da Vera Cruz do Carballiño, testamento artístico que pecha o ciclo á gran arquitectura palaciana iniciada co Pazo de Comunicacións de Madrid. A magnitude desta empresa supuxo para a vila do occidente ourensán un fito no seu desenvolvemento social, económico e urbano, quedando fiel e puntualmente documentada por moitos fotógrafos profesionais e afeccionados.
Destaca na creación deste valioso rexistro gráfico a laboura de Xesús Vázquez Arias, "o Rizo", cronista da vida ourensán nas décadas centrais do século; a súas fotos son moi expresivas da progresión do edificio, pero tamén pon no seu foco o protagonismo do suxeito social, na súa vida cotiá, nese lento erguerse da postración dos tempos de posguerra. Están nestas imaxes a constancia e o espírito que animaron a estes homes e mulleres en momentos de penuria económica a crear o monumento mais sobranceiro da nosa contorna.
A bucólica ensoñación que nos transmiten as irrepetibles panorámicas debidas á cámara de Felipe Luis López é evocadora dunha vila de estampa ben diferente á que hoxe ofrece O Carballiño.
As fotos de Adolfo Otero Cerdeira céntranse na evolución física e na concreción do edificio de Palacios, como nunha sorte de novelesca recreación histórica reflicten as tecnoloxías e os aparellos da construción dun obradoiro que semella ter saído da Idade Media. Están aí visibles, entregados as súas tarefas todo o elenco de artífices desta obra coral que é a Vera Cruz, escalando chanzo a chanzo as alturas do proxecto de Palacios.
Destácase entre eles o porte firme do promotor, o crego don Evaristo Vaamonde, na súa incansable procura de complicidades, tamén dadivoso de consello, protección e caridade cara a súa parroquia. Aparecen confiados os construtores, Adolfo Otero, pai e fillo, desentrañando e interpretando os planos e as intencións do arquitecto. Tamén os canteiros e traballadores, curtidos en fatigas e xornadas, afanosos elevando peza a peza o labirinto de capelas, ábsidas, bóvedas e cúpulas; todos eles identificándose, confundidos xa coa propia obra, nesa escenografía de paus dereitos, andamiaxes e arquerías traspasados pola luz a ceo aberto. Tamén celebrando e festexando o traballo feito.
Sobre o telón de fondo da pedra galega, espreguizándose do seu sono milenario, retrátanse expectantes os veciños e os admirados visitantes, fornecedores de esmolas e alentadores da obra uns e outros, tecendo o espazo con ese encaixe de vontades que despois de mais de 20 anos de traballos culminaron esta cima da Arte Galega.
Todo aquí é excepcional, a xenerosidade do arquitecto, a promoción por suscripción popular, o empeño posto en rematar o templo, orfo de dirección técnica, superando todo tipo de dificultades e contratempos, ao fin a emoción que nos transmite a obra cumprida.
Como excepcional é o minucioso traballo do realizador Anxo Santomil no tratamento das fotos de época, a súa transferencia de arquivos fotográficos 2D a formato 3D, unha linguaxe audiovisual híbrida de movementos de imaxes, a cámara virtual, a desagregación de planos, o obxectivo posto no factor humano, permítennos inmiscuirnos entre os obreiros da Vera Cruz, facéndonos partícipes dos seus esforzos e desvelos, colocándonos nese espazo entre a terra e o ceo e nese territorio que convoca pasado e presente e mira cara o futuro.
O documental, baseado na publicación de Adolfo Otero Cerdeira “Santuario de la Vera-Cruz de San Cibrán del Carballiño de Antonio Palacios”, amósanos ademais os planos e as visións do "arquitecto poeta" dese futuro para unha vila que medrou descontrolada de costas ao proxecto palaciano. Esta curtametraxe acadou o 1º premio do Fafe Film Fest 2012, certame especializado en producións que abordan o patrimonio cultural, mostrando o valor que os medios audiovisuais teñen para o coñecemento, a protección e a divulgación da nosa cultura.
A película é muda e en branco e negro, mais son a elocuencia das imaxes e o cromatismo das partituras de Roger Subirana os que nos conducen nesta viaxe ao longo de mais de 20 anos da nosa intrahistoria cara esa postal chea de saudade dos nosos devanceiros, duns homes e doutros tempos que nos deixaron esta sinal impercedeira da arte e devoción.
Rafael Otero Janeiro, historiador da Arte
AS TORRES DE COMPOSTELA
Ao tempo do inicio da construción da catedral románica no século XI, Santiago de Compostela convértese no santuario de peregrinacións mais importante de occidente.
Está considerado pola UNESCO como un dos centros urbanos mais fermosos, polo que foi nomeado como Lugar Patrimonio da Humanidade.
As diferentes perspectivas da paisaxe urbana de Santiago de Compostela están marcadas pola omnipresencia das torres da catedral.
Realizado entre 1738 e 1750, según o proxecto de Fernando Casas e Nóvoa, o conxunto da fachada do Obradoiro destaca pola súa indiscutible presenza. A torre da dereita, a das Campás, foi a primeira en construírse; a da esquerda, a da Carraca, chamada así porque desde ela facíase sonar este instrumento na Semana Santa.
A torre do Reloxo, ou Berenguela, álzase na praza da Quintana e Praterías. A fábrica primitiva rematouse a principios do século XIV, aínda que foi tansformada no 1676. O reloxo feito en Ferrol no 1831, ten a particularidade de agulla única.
A edificación do mosteiro e torres da Igrexa de San Francisco dominan o ostentoso perfil norte da cidade. Á indiscutible preeminencia das torres da catedral seguíalle o orgullo dos beneditinos pinarios coa súa equilibrada igrexa.
Desde o parque de Bonaval, polo este, no primeiro plano a torre do Convento de Bonaval. Realizada a comezos do século XVIII, posiblemente polo mesmo autor da portada do Obradoiro, Casas Novoa.
En segundo plano pódese apreciar a torre inconclusa do convento de Santo Agostiño. De estilo neoclásico foi construído a mediados do século XVII. No ano 1788 un raio destruíu a torre esquerda.
VENTA
de orixinais e reproducións de debuxos á plumilla e pincel, DVDs documentais basados na montaxe fotográfica 2D convertida a formato 3D, en LIBRARIA ESCOLMA, O Carballiño.
O catálogo contén unha colección de debuxos relativos ao proceso de construcción do Templo da Veracruz do Carballiño e os documentais "O Templo da Veracruz de Antonio Palacios" e "O Carballiño, de onte a hoxe", formato DVD; e o álbum de obras referentes ás Torres de Compostela na paisaxe urbana de Santiago.
COMPRAR ON LINE
A compra pode facerse por internet por mediio da web
http://anxosantomil.artelista.com/, ou ben en comunicación co e-mail de contacto e o pago por medio de transferencia bancaria ou contra reembolso á entrega de pedido.
SERVIZO DE PORTES
Servicio de portes realizarase a través de axencia ou servicio de correos. O custe dos portes correrán a cargo do comprador.
PRAZO DE ENTREGA
A entrega realizarase dentro dos sete días de confirmarse o pedido.
SALE
of originals and reproductions of drawings in ink and brush, documentaries based on photomontage 2D converted to 3D format.
The catalog contains a collection of drawings relating to the process of building the Temple of Veracruz in Carballiño (Spain), the documentaries "The Temple of Veracruz Antonio Palacios " and "O Carballiño, yesterday to today" in format DVD ; and the album of works relating to Towers of the Cathedral of Santiago de Compostela in its cityscape.
BUY ON LINE
It can be done in http://anxosantomil.artelista.com, or by communicating by e-mail and payment by bank transfer or cash on delivery order .