top of page

Non é exaxerado dicir que o mundo está cheo de debuxos á pluma. Desde hai algúns séculos, desde o Renacemento especialmente, mestres da pintura tan importantes como Botticelli, Leonardo, Rafael, Tiziano, Durero, e ata os nosos días, artistas de valor universal teñen sentido a necesidade de experimentar coa pluma como instrumento trazador expresivo da súa creatividade debido ás súas posibilidades de estilización e de síntese. O trazo da pluma é fino e a súa pegada no papel leve e dinámica que produce unha interpretación da realidade chea de sinxeleza e esencialidade. Permite a posibilidade de graduar valores de sombra por medio de tramados lineais mais ou menos densos e conseguir as case ilimitadas posibilidades de grosor e calidade de trazado, podendo ser combinada coa mancha maciza de tinta que a converten no instrumento básico nas técnicas do debuxo moderno 

DEBUXOS A PLUMILLA E TINTA

bottom of page